xoves, 26 de decembro de 2013

Un paseo polo Landres




O Río Landres, un entorno precioso, xa conta cunha senda, que grazas a súa recuperación puídose axeitar este tramo de río obxecto de acúmulo de Lixo.











xoves, 12 de decembro de 2013

CURSO DE HORTA ECOLÓXICA


 Momentos ao coidado da nosa hortiña, no curso de Horta Ecolóxica, no que Almudena nos transmitiu os seus coñecementos para realizar a plantación, coidados, e o tratamento da terra para a preparación do terreo.
Estos son partes dos momentos que nos cedeu en fotos Isa Ledo.




luns, 25 de novembro de 2013

III Aula aberta da Micoloxía


 Este sábado percorrimos a senda etnográfica da Fonte-Muíños do Regueiro da man de Óscar Requejo que nos introduciu no mundo da micoloxía adicando cada muíño a unha orde micolóxica diferente. O paseo acompañaba á charla, con diversos cogumelos identificados, colocados ao longo da senda.
Unha vez máis, queremos  agradecer a labor de  Óscar Requejo que coa a súa colaboración e traballo brinda ao noso Concello

Foto Elena e Miguel















venres, 22 de novembro de 2013

Coñece Salceda: Espicho do Faro



Espicho do Faro, situado na parroquia de Entenza, é un dos espazos  que integran as áreas recreativas, proxectadas polas Comunidades de Montes, nos seus Plans técnicos ou Proxectos de ordenación.
Un lugar con encanto e historia moi recomendable para visitar e poder contemplar diversas especies exóticas e nativas como Pseudotsuga, Liquidambar, Acer spp, Cedrus spp, Juniperus, etc.


xoves, 14 de novembro de 2013

O Colexio Público CEP Altamira percorre, un ano máis, o Parque etnográfico do Río Caselas, para facer actividades e xogos relacionadas coas exposicións de Flora, Fauna, Micoloxía e Muíños existentes na Senda dos Humidais


O CEP Altamira realizará, este venres a partir das 10:00 da maña unha serie de actividades dentro da Senda Peonil do Río Caselas. Persoal e voluntarios do Concello de Salceda de Caselas traballarán en colaboración cos nenos dos curso de 4º. A actividade vai a partir dende o Torreiro de Santa María camiñando a través do espazo da Senda do Río ata a fin do traxecto, na área recreativa do Ruibal.
Os alumnos de 4º de primaria farán a actividade que xa se realizara previamente no Verán Cultural, onde cada muíño se axeitaba con paneis de temáticos diferentes que mostrarán á Flora, Fauna e Micoloxía existentes na Senda dos Humedais, espazo protexido como Lugar de Interese Comunitario a través de Rede Natura 2000. Cada neno disporá dunha ficha con diferentes adiviñas e preguntas sobre o que está exposto, e terán que responder ás cuestións que se lle plantexan. Para esta actividade a colaboración entre os mestres e voluntarios é fundamental para que os nenos poidan disfrutar das diferentes probas ás que se lles someterá.
A finalidade da actividade é da de inculcar dunha maneira amena os valores naturais e importancia que estes representan para a nosa sociedade e cultura. A importancia deste espacio débese principalmente a que habitan especies endémicas ou incluídas na lista vermella de especies en perigo de extinción. O seu coñecemento ten que levar implícito o coidado e protección das mesmas.
Dende a área de Medio Ambiente e Ensino, dirixida por Cándido Lorenzo e Terez Pérez, repectivamente, quérese felicitar ao CEP Altamira por todas as actividades que están a levar a cabo, tralas que hai unha gran laboura de traballo nas que os mestres, implican moitas horas para que sexan posibles. E queremos conceder a nosa máxima colaboración co Centro de Ensino Público, para que os máis cativos disfruten do medio e das actividades que se ofrecen dende o Concello."