luns, 29 de abril de 2013

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PRACTICAS NON REMUNERADAS EN EMPRESAS DOS ESTADOS MEMBROS

ORDE do 25 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España, e se procede á súa convocatoria.


Artigo 1. Obxecto
1. Esta disposición ten por obxecto establecer as bases para regular a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a mozos e mozas galegos para estadías de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de calquera Estado membro da Unión Europea, agás España, e proceder á súa convocatoria. As estadías para as prácticas laborais desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.
2. As estadías teñen como finalidade apoiar as persoas participantes en actividades de formación para adquirir os coñecementos, as competencias e as cualificacións que complementen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento e a súa transferencia entre os países participantes ao mesmo tempo que perfeccionan as habilidades lingüísticas no idioma estranxeiro.
3. Será competencia da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a adxudicación de destinos para aquelas persoas seleccionadas, en atención ao ámbito de actividade das empresas contactadas en cada país de envío, á adecuación das persoas candidatas ao programa e ao nivel amosado de coñecemento de idiomas estranxeiros.
4. As estadías terán como máximo 8 semanas de duración cun mínimo de 25 horas formativas semanais, entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013.
Artigo 2. Financiamento e contía das axudas
1. As axudas faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 11.06.313A.480.0 da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, por unha contía de 600.000 euros.
2. A contía ascenderá a 2.400 euros por participante por un período máximo de 8 semanas.
Artigo 3. Incompatibilidade das axudas
Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas destinadas a actividades similares.
Artigo 4. Destinatarios/as
1. Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia e, ademais, os seguintes:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
e) Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
2. Serán excluídos/as os/as solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 5. Solicitudes e documentación
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

sábado, 27 de abril de 2013

visita á adega da Corisca


Hoxe estivemos visitando a adega da Corisca de producción de viño ecolóxico de albariño.
Natalia e Jose María, os donos da finca,  fixéronse cargo de instruirnos acerca da producción de viño ecolóxico. Explicándonos os tratamentos e coidados e a transformación da uva en viño que siguen dentro do proceso de transformado e procesado de viño ecolóxico.
Marcos Besada foi o encargado de explicarnos a Historia do Pazo da Corisca.
Unha alternativa que crea un equilibrio medioambiental, coa reaparición de moita da microfauna  que existía no ecosistema.
Xa que na visita puidemos divisar xoaniñas e outra microfauna que se reestructurara no ecosistema.



E por último a degustación de pinchos ecolóxicos da Tabertenda e a cata do viño da Corisca.
Unha forte aperta a todas as persoas que participaron nestas xornadas de achegamento a agricultura ecolóxica (Toñi, Piñeiro, Fundación Galega de Produtos Ecolóxicos, Cris, Natalia e Jose María)

venres, 26 de abril de 2013

O GOBERNO MUNICIPAL SUSPENDE O PLENO EN APOIO ÁS PLATAFORMAS DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS

 HOXE O GOBERNO DE SALCEDA DE CASELAS SUSPENDEU O PLENO EN APOIO AOS ESTAFADOS POLOS PRODUTOS TÓXICOS DE SUBORDINADAS E PREFERENTES

É moi importante non deixar atrás a loita ante a inxustiza que se está a cometer diariamente. Xa son 287.400 as persoas GALEGAS  en paro, e gran parte da nosa poboación está condenada a emigrar dado que na terra non atopa traballo.
Outras persoas son desafiauzadas tendo que abandonar a súa única vivenda, tendo fillos que non teñen a culpa de nacer baixo unha circunstancias e nun momento onde A nosa terra se está volvendo tola.
Lamentablemente, cada día máis dunha persoa está perdendo o seu traballo, valores, o seu fogar, e o mais importante a súa honra.
Hoxe no Pleno os afectados polas subordinadas e preferentes falaron na defensa dos seus dereitos, dos seus aforros, dunha vida de loita e duro traballo, para poder aforrar, e que esos cartos agora non o poden recuperar, só uns cantos os recuperan mediante unha arbitraxe discriminatoria que non aclara as bases nin o procedemento a seguir para a selección das persoas que poden ir á arbitraxe.
Hoxe arropados polo Goberno Municipal de Salceda, e ao gripo de "PP Comprométete" suspendeuse o PLENO coa finalidade de que esta inxustiza se resolva na menor brevidade de tempo, e o máis importante para todos igual.







mércores, 24 de abril de 2013

OS ALUMN@S DO CEP ALTAMIRA TEÑEN XA UN POSTO DE ARTESANÍA ELABORADA POR ELES

 OS NENOS E NENAS DO CEP ALTAMIRA TEÑEN O SEU POSTO DE ARTESANÍA PROPIA . HOXE ESTIVERON NO MERCADIÑO DOS MÉRCORES

OS MEMBROS DA PAH SITUARANSE OS MÉRCORES NA PRAZA DO CONCELLO

 HOXE ESTIVERON OS MEMBROS DA PAH DISTRIBUINDO INFORMACIÓN ACERCA DO PROCEDEMENTO A SEGUIR POLAS PERSOAS QUE NON PODEN PAGAR A SÚA HIPOTECA.
É MOI COMPLICADO TER QUE ESTAR LOITANDO POLA TÚA VIVENDA, SEN QUE A XUNTA NIN O ESTADO DAN FACILIDADES PARA SOLVENTAR OS PROBLEMAS DOS AFECTADOS!!!!

martes, 23 de abril de 2013

XORNADAS DE ACHEGAMENTO Á AGRICULTURA ECOLÓXICA


VISITA AO INVERNADOIRO DE TOÑI EN ALXÉN, NAS XORNADAS DE ACHEGAMENTO Á AGRICULTURA ECOLÓXICA.
E NO DÍA ANTERIOR A CHARLA CON PIÑEIRO DA TREZE CATORZE E TABERTENDA.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!

xoves, 18 de abril de 2013

MANIFESTACIÓN EN VIGO DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES


UNHA NOTICIA DE INTERESE. ANÁLISE DO RÍO CASELAS POLA UNIVERSIDADE DE VIGO


Os ríos Pego e Caselas, laboratorios para estudar o impacto do cambio climático nos ecosistemas de auga doce

16 países traballan nun estudo conxunto en ríos e regatos, lagos e humedais

M. Del Río | Vigo25 centros de investigación e universidades de todo o mundo forman parte dun proxecto pioneiro que trata de avaliar o impacto do cambio climático nos ecosistemas de auga doce poder previr as consecuencias, atallar a situación, elaborar normativas que os protexan. O equipo de investigación de Ecoloxía Acuática, dirixido pola profesora Isabel Pardo é un dos parceiros de Refresh xunto con outros 15 países e a Unión Europea. Deles depende o traballo de campo nos ríos Caselas e Pego, os dous elixidos en Galicia, que xunto con outros dous en Cataluña, conforman a mostraxe en España. O traballo divídese en tres grupos segundo se ocupen de ríos e arroios, lagos e presas ou humedais, participando a Universidade de Vigo no primeiro e no último deles. 

Liliana García é unha das investigadores que participa neste proxecto e explica que os ecosistemas naturais atópanse “baixo estrés debido a actividades antropoxénicas, pero na actualidade están a enfrontar unha presión adicional debido ao cambio climático, o que implica unha grande ameaza para a sociedade humana”. No tocante a ecosistemas de auga doce,indica que estes impactos “ameazan o equilibrio, a dispoñibilidade de auga e en xeral os bens e servizos que proporcionan á sociedade”. 

Co traballo de campo rematado xa en todos os países, na actualidade os científicos están a procesar todas as mostras recollidas durante o experimento e comezando a interpretar os resultados acadados. A fins deste mes está prevista unha xuntanza en Turquía, onde os diferentes grupos colaboradores poderán discutir os resultados atopados ata o momento, e agardan contar con resultados definitivos dentro aproximadamente dun ano. 

Ademais de España participan Reino Unido, Dinamarca, Finlandia, Alemaña, Holanda, Suecia, Turquía, Austria, República Checa, Estonia, Grecia, Francia, Noruega, Canadá, Australia e a Unión Europea. Os centros colaboradores en España son a Universidade de Barcelona, co CSIC de Blanes e a propia Universidade de Vigo, que traballa nesta zona o Baixo Miño. 

Obxectivos e traballo de campo

A finalidade principal do REFRESH, iniciativa que se tornou realidade en febreiro de 2010, é entender os efectos do cambio climático sobre os ecosistemas acuáticos e deseñar programas de restauración que permitan minimizar as consecuencias adversas que provoca sobre a cantidade e calidade da auga doce e sobre a súa biodiversidade. Por iso, de partida o proxecto contempla tres presións principais que afectan a estas zonas e que interaccionan entre si e co clima: o aumento da temperatura; os cambios no nivel e réximes de auga e o exceso de nutrientes.

Nos ríos elixidos en cada un dos países o traballo experimental fixo preciso establecer unha barreira física que dividise o río en dous tramos. Como apunta Liliana García, cunha zona de control de aproximadamente 50 metros que estaba situada augas arriba das barreiras, e outra zona de impacto doutros 50 metros, que se corresponde co tramo dividido polas barreiras. “Para iso construíronse barreiras transversais e lonxitudinais a modo de presa que permitiron represar e excluír a auga soamente na zona de impacto e simular así un período de estiaxe aproveitando os meses con menor precipitación”. O traballo de campo desenvolveuse ao longo de 10 semanas e consistiu en dúas parte ben diferenciadas, por unha banda medicións continuas de diferentes parámetros físico-químicos e hidromorfolóxicos como a temperatura da auga e do aire, a concentración de osíxeno, o caudal e nivel da táboa de auga, etc”. Por outra banda realizáronse mostreos a intervalos, semanais e bisemanais, doutros componentes como substrato, macrofauna, fitoplancton, macrófitas e a vexetación de ribeira.

domingo, 14 de abril de 2013

PARTICIPA NAS XORNADAS DE AGRICULTURA ECOLÓXICA


Más de 52.000 jóvenes dejan de buscar trabajo en Galicia por la falta de expectativas



Deciden emigrar, volver a los estudios, dedicarse a la economía sumergida o no hacer nada - Desde el inicio de la crisis el empleo de los menores de 25 años se redujo un 64%

14.04.2013 | 00:00
Ante la falta de expectativas laborales, miles de jóvenes deciden directamente dejar de buscar trabajo. No ven ninguna posibilidad de encontrar un empleo, al menos en su territorio de residencia. Desde finales del año 2007, coincidiendo con el inicio de la crisis, 52.100 jóvenes gallegos menores de 25 años han abandonado de forma voluntaria, si bien obligados por las circunstancias, el mercado laboral. De los 129.800 que en el tercer trimestre de 2007 aseguraban que estaban buscando un empleo, a finales del pasado año no llegaban a los 80.000, según los datos facilitados por Asempleo, la patronal de las empresas de contratación temporal, tomados a su vez de la Encuesta de Población Activa (EPA).
Esto significa que en cinco años, el 40,1% de los menores de 25 años, es decir, cuatro de cada diez, renunciaron a la búsqueda activa de un empleo en la comunidad gallega ante las escasas o nulas previsiones de hacerse con un puesto de trabajo. ¿A qué se dedican entonces? Asempleo no puede precisarlo porque la EPA solo pregunta en sus encuestas si buscan o no un empleo, sin entrar en las causas. En todo caso, la patronal de las empresas de contratación sostienen que solo quedan cuatro posibilidades para estos 52.000 jóvenes que se salieron del mercado laboral: la emigración, bien al extranjero o a otras comunidades autónomas; la vuelta a los estudios para completar su formación; dedicarse a la economía sumergida; o simplemente no hacer nada, fruto del desánimo y a la espera de que mejoren las condiciones económicas.
En la evolución del comportamiento de los jóvenes gallegos en relación al mercado laboral hay tres fechas clave que destacan por lo abultado de sus cifras, coincidiendo siempre con la última parte del año. Entre el tercer y el cuatro trimestre de 2007 se produjo un reducción de 17.000 activos que dejaron de buscar trabajo. Al año siguiente, en 2008, la caída fue todavía mayor: 21.000 jóvenes. Y entre el tercer y el cuatro trimestre del pasado año, se volvió a registrar otra fuerte contracción, al desaparecer del mercado laboral casi 10.000 jóvenes menores de 25 años.
Otra cara de la crisis es la poco peso de los jóvenes en el empleo. Su tasa de paro en España es del 55,1%, si bien con grandes diferencias entre territorios. Así, en el caso de Canarias llega al 70,3%, y en Extremadura y Andalucía supera el 61%, mientras que en el otro extremos se sitúan La Rioja, con una tasa de paro del 36,3%, Cantabria, con el 41,6%, o Aragón, con el 45,9%.
Galicia se encuentra entre las comunidades con menor tasa de paro entre la población menor de 25 años, con un 48,4%, lo que significa ocho puntos por debajo de la media nacional.
Pero esto no quiere decir que la situación sea buena ni mucho menos. De hecho, la comunidad gallega destruyó desde el inicio de la crisis 70.300 empleos juveniles. En el tercer trimestre de 2007 había 110.400 jóvenes ocupados, que se redujeron a 40.100 a finales del pasado año, lo que supone una caída media en el lustro del 63,7%, un porcentaje prácticamente igual a la media nacional.
No obstante, la destrucción de empleo juvenil en el último año fue más acusada en Galicia, con una tasa del 23,2%, que en el conjunto del Estado, que fue del 19,1 por ciento.

xoves, 11 de abril de 2013

El Tribunal de Cuentas reclama a la Xunta 2,5 millones en ayudas a dependientes fallecidos


El Tribunal de Cuentas reclama a la Xunta 2,5 millones en ayudas a dependientes fallecidos

Traballo cuestiona las cifras del órgano fiscalizador y niega subvenciones a difuntos

11.04.2013 | 07:33
El Tribunal de Cuentas, tras cruzar datos de comunidades autónomas e Imserso (Ministerio de Sanidad), insta a la Xunta de Galicia a devolver al Gobierno central más de 2,5 millones de euros en su día transferidos para ayudas a dependientes y que, según el órgano fiscalizador, se corresponderían con destinatarios ya fallecidos, en concreto, con 935 difuntos.
El informe fiscalizador elaborado por el organismo, aprobado definitivamente hace unos días y que acaban de recibir las Administraciones autonómicas, alerta de desajustes en las transferencias al contar como vivos dependientes con derecho a prestación ya fallecidos. "Se trata de beneficiarios fallecidos que no han sido dados de baja por parte de las distintas comunidades, al menos a efectos de percibir la cantidad correspondiente al nivel mínimo de protección", advierte el documento elaborado por el órgano fiscalizador. En total, según Cuentas, habrían recibido ayudas una vez fallecidos 4.324 dependientes en Galicia y 41.205 en el conjunto del Estado.
La Consellería de Traballo e Benestar aseguró ayer que las cifras del informe "no coinciden con las del departamento gallego ni con las del Imserso". "Todavía acabamos de recibirlo y estamos analizando los números porque no nos coinciden, no nos consta que hayan salido de aquí y hay que averiguar la fuente", explicaron fuentes de la consellería que dirige Beatriz Mato. En todo caso, apuntan que "se trata de transferencias, lo que no significa que dependientes fallecidos (o sus familiares) hayan recibido ayudas; al menos en Galicia no ha pasado".
El trabajo enviado ahora al Congreso lo inició el órgano fiscalizador en 2011 (abril), fecha que sirve de referencia para comprobar las estadísticas de depuración, detectando "numerosas personas fallecidas que, sin embargo, se encontraban registradas en la aplicación informática SISAAD como beneficiarias de prestaciones". El informe distingue entre dos grupos: las 3.389 personas que el Imserso procedió a dar de baja en el SISAAD a petición del órgano fiscalizador, por las que el Gobierno recuperó en el caso de Galicia 16,3 millones de euros, y otro de 935 gallegos fallecidos por las que en abril de 2011 el Imserso seguía pagando indebidamente a las comunidades autónomas, y por las que el Imserso considera que debe recuperar todavía 2,58 millones.
El Tribunal de Cuentas también detectó expedientes duplicados, en el caso de Galicia 24, con "un importe abonado indebidamente" de 50.591 euros: son casos en que un mismo DNI figura como beneficiario en más de un expediente dentro de una misma comunidad autónoma y provincia. El estudio pone el foco también en los plazos de pago a los dependientes: 262 días de media estatal entre la solicitud y el reconocimiento de la prestación frente a 201 en Galicia.

O DEDISMO XA É ESCANDALOSO



Estou xa cansa de ver todos os días POSTOS DE LIBRE DESIGNACIÓN NA XUNTA.!!!!, polo menos que se saiba que o dedismo segue vixente

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS
PÚBLICAS E XUSTIZA
–ORDE do 8 de marzo de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública
para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo
vacante nesta consellería. 10850
–ORDE do 21 de marzo de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública
para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo
vacante nesta consellería. 10855
–ORDE do 22 de marzo de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública de
provisión dun posto de traballo, polo sistema de libre designación, anunciada
pola Orde do 7 de febreiro de 2013. 10860
–ORDE do 22 de marzo de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública de
provisión dun posto de traballo, polo sistema de libre designación, anunciada
pola Orde do 6 de febreiro de 2013. 10862
–ORDE do 22 de marzo de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública
para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo
vacante nesta consellería. 10864
–ORDE do 22 de marzo de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública
para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo
vacante nesta consellería. 10869
–ORDE do 26 de marzo de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública de
provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo anunciada
pola Orde do 4 de febreiro de 2013

mércores, 10 de abril de 2013

CURSO SOBRE BUSCA E SALVAMENTO EN MONTAÑA


RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2013 pola que se convoca un curso sobre busca e salvamento en montaña e zonas illadas.
O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección de persoas, de bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.
Por Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) onde se establece a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.
Dentro das actividades programadas para o ano 2013, e conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), anúnciase a convocatoria dun curso sobre busca e salvamento en montaña e zonas illadas, con 10 edicións, conforme as seguintes bases:

martes, 2 de abril de 2013

charla recomendada OUTRA BANCA É POSIBLE


Curso práctico na Loita contra incendios


RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2013 pola que se convoca un curso práctico na loita contra incendios.
O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realice algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teña como fin a protección de persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.
Por Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) onde se establece a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia, derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.
Dentro das actividades programadas para o ano 2013, e conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), anúnciase a convocatoria dun curso práctico na loita contra incendios, con 4 edicións, conforme as seguintes bases: