sábado, 22 de xuño de 2013

VISITA Á EDAR, dos que participamos nas Xornadas "Os nosos resíduos"

 Hoxe Ramiro Gutierrez, explicounos o
 funcionamento da EDAR, de cómo os nosos
resíduos seguen unha serie de transformacións para depurar a auga, e o proceso dos lodos, que telen unha segunda vida útil como fertilizantes.







mércores, 19 de xuño de 2013

O CONCELLO DE SALCEDA SANEA AS SÚAS CONTAS


O Concello de Salceda ven de liquidar 2 préstamos que mantiña coas entidades Financieiras no ano 2012 e vanse a liquidar outros dous máis ao longo do 2013

O Concello de Salceda de Caselas liquidou no ano 2012 dous préstamos que mantiña con distintas entidades financieiras, e vai a liquidar outros dous este ano 2013. Así pois liquidouse un préstamo do ano 1997 para obras de reforma do Matadoiro Municipal, e un segundo préstamo para obras da estrada Santa María- Picoña do ano 2002. Asi mesmo este ano 2013, se vai a liquidar un préstamo do ano 1998 para adquisición duns terreos no IES Pedras Rubias en Parderrubias e outro que é o máis antigo que ten o concello do ano 1994 para a adquisición do local onde presta os seus servizos na actualidade a Logopeda Municipal.
O endebedamento local do Concello atópase nuns niveis máis que aceptables. Dos datos da última liquidación orzamentaria, o nivel de endebedamento foi do 39,5 % con respeito aos ingresos obtidos no ano 2012, polo se sitúa moi por debaixo do 75% que é o máximo permitido para poder solicitar novas operacións de créditos, aínda que o Concello non prevee solicitar ningún novo préstamo.
Segundo os últimos datos oficiais remitidos ao Ministerio de Facenda o Concello de Salceda acadou un aforro neto de mais de medio millón de euros e o remanente negativo de tesourería reduciuse nun 60% con respeito ao ano 2011, polo que as actuacións de revisión do gasto que se están a levar a cabo, están a ter un resultado que se reflicte na mellora da Facenda Local do Concello, co saneamento das contas Municipais.
Isto permite que se esté as reducir o periodo pago de facturas a proveedores o que da mais facilidades para negociar mellores prezos cos distintos proveedores do Concello, e dota de liquidez aos autónomos e pemes (proveedores)maioritariamente locais.
Un dos gastos que van a ter que pagar os veciños e veciñas de Salceda, ao longo dos próximos vai a ser o pago dos terreos expropiados polo antigo Goberno no ano 2005, para a construcción do Parque Raíña Aragonta e que a día de hoxe se está a negociar un plan de pagos cos afectados que reclamaron á Xustiza, sendo o montante total de preto dun millón de euros o cal limitará as inversións do Concello nos próximos anos.
Jose Luis González, concellerio de Facenda, declara "nótase a mellora do pago das facturas a proveedores coa fin de que non se demore o pagamento en máis de 30 días. A saúde das finanzas Municipais está a mellorar día a día grazas ao traballo de contención do gasto das distintas Concellarías está a dar os seus resultados




luns, 17 de xuño de 2013

SALCEDA RECUPERA CRUCEIROS DO 1720, FONTE DA PEDRA E 1799, MACEIRA


As obras de Rehabilitación e acondicionamento dos cruceiros de Fonte da Pedra situado na parroquia de Santa María e o cruceiro de Maceira da parroquia de Parderrubias xa están concluídas.O orzamento asignado para a rehabilitación ascendeu a un total de 25.914,40€ subvencionado nun 82,76% polos fondos AGADER 2012, facéndose cargo do 17,4% restantes o Concello de Salceda de Caselas.
O entorno do cruceiro da Fonte da Pedra está composto por varios elementos: un cruceiro e un peto das ánimas que foi mandado construír posteriormente, no ano 1904. A importancia do cruceiro se remonta a cando Juan Antonio García Sestelo, mandou facelo peto en agradecemento ás Ánimas do Purgatorio por ter recuperado a súa saúde, a través das augas que alí habían que dicían eran milagreiras. Para súa rehabilitación realizouse a limpeza do cruceiro e peto de ánimas e o acondiconamento da área a través da reconstrucción dun muro, axardinaxe, adoquinado, focos de luz indirecta e cartel interpretativo, onde aperecen os datos máis importantes que levaron á construcción do cruceiro.
Por outra banda o cruceiro de Maceira é o cruceiro máis alto de Salceda de Caselas, composto por varios Santos entre os que destaca o de San Tomé, patrón da parroquia de Parderrubias e Santo Antón por detrás. O ano de construcción é do 1799, polo que podería tratarse dun cruceiro xubilar(o ano 1800 era ano santo). O cruceiro foi mandado facer por María Antonia Alo, segundo aparece na súa inscripción. Na súa rehabilitación procedeuse a súa limpeza, e acondicionamento da área a través de adoquinado combinado con cemento impreso, iluminación indirecta e panel interpretativo.
O Concello de Salceda conta coa autorización dos permisos de Patrimonio e Deputación para a realización das obras de acondicionamento e posta en valor de ambos cruceiros. Fortunato Alvarez, concelleiro de Vías e Obras, incide "as obras se executaron da mellor maneira posible e nos prazos de execución previstos. É o noso compromiso a implicación na humanización de espazos de relevancia dentro do Municipio de Salceda, dándolles un espazo e importancia relevantes nestas área situadas nas parroquias do noso Concello".
Marcos Besada, Alcalde do Concello de Salceda, asegura "que o Goberno Municipal está a facer todo o posible para levar a cabo a tarefa de recuperación do Patrimonio Histórico e Bens de interese Patrimonial e Cultural do noso concello, xa que estos elementos forman parte da nosa cultura e da nosa Historia. Seguiremos a traballar para continuar coa recuperación de elementos patrimoniais, como xa se está a facer cos muíños".

xoves, 13 de xuño de 2013

XORNADAS "OS NOSOS RESÍDUOS"

Primeiras Xornadas de Aproveitamento de Resíduos, onde por un lado se informará aos asistentes de cómo deben de separar os seus resíduos na casa e a o procedemento de reciclaxe que seguen os residuos nas relativas plantas de reciclaxe, como xa se viu facendo en novembro do ano 2012, polas parroquias
Se vai a incorporar unha charla de cómo debemos compostar, onde se explicará o procedemento de compostaxe que debe de seguir cada persoa na súa casa. Grazas á adhesión do Concello de Salceda de Caselas no "Programa de Compostaxe na Casa" SOGAMA cedeu 30 composteiros que serán sorteados entre os participantes da charla, sempre e cando habiten nunha vivenda que teña un espazo para poder realizar o ciclo de compostaxe, e estén empadronados en Salceda de Caselas. As persoas que consigan o composteiro, realizaráselles un seguimento no proceso de compostaxe coa finalidade de poder satisfacer todas aquelas dúbidas ou problemas que poidan ter no uso do mesmo.
Para as Xornadas contaremos coa presencia do representante de Abonos Lourido que nos vai a informar acerca da obtención de abono natural a través do aproveitamento do toxo. Esta empresa situada en Rebordechán, procesan o toxo de maneira natural para a obtención de abonos.
O sábado a partir das 10:00 da mañá temos a cita na EDAR de Tui, onde procederemos a visitar a depuradora biolóxica de fangos a onde chegan os nosos resíduos a través do sistema de saneamento. Na visita poderemos coñecer o procesado que se realiza nas instalacións ubicadas na planta en Guillarei.

IMPRESCINDIBLE APUNTARSE ANTES DO 18 DE XUÑO, os que se apunten a posteriori non entrarán no sorteo, só se non se acadasen 30 persoas antes do 18. Sí poderán asistir as charlas.

venres, 7 de xuño de 2013

AXUDAS PARA MEDIO RURAL

AXUDAS PARA MEDIO RURAL

ORDE do 3 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2013.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130607/AnuncioG0165-030613-0011_gl.html

ORDE do 31 de maio de 2013 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) 
no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130607/AnuncioG0165-040613-0003_gl.html

ORDE do 27 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130607/AnuncioG0165-310513-0002_gl.html