luns, 24 de marzo de 2014

Arranca o Programa agroecolóxico en Salceda de Caselas


A Concellaría de Medioambiente inaugura con Almudena Rodriguez, Jose Ramón de UUAA, e Cándido Lorenzo concelleiro de Medioambiente.
As Xornadas teñen o obxectivo de plantexar, por un lado, unha saída laboral que integre o secto do medio rural a través dunha agricultura consecuente co medio e coa saúde como forma sostible de microeconomía.
O vindeiro día 28 marzo e 4 de abril falaremos de empresas, particulares e cooperativas, que están a levar a cabo un traballo vinculado á agricultura ecolóxica, tanto con selo de certificación como sen selo.
Participa nas Xornadas!!!


luns, 17 de marzo de 2014

Os participantes da Andaina Os pasos do Xabarín percorreron 15km por diversos puntos do Concello de Salceda

 Cerca de 200 persoas participaron na Andaina "Os pasos do Xabarín" que rematou na Festa Gastronómica amenizada pola charanga A SGHAE.
Noraboa á Comisión de Festas Virxe da Concepción pola organización do evento e ao Clube ciclista Aragonta pola súa mercha BT, xunto cos participantes da BMX e os integrantes da expsición de Coches clásicos, un bo traballo en equipo, que achegou a centos de persoas a disfrutar do Xabarín.