venres, 28 de febreiro de 2014

Xa está próxima a festa do Xabarín!!!

 ESTE ANO O XABARÍN VEN CARGADO DE ACTIVIDADES, ÁS 9 DA MAÑÁ COMEZA O MOVEMENTO NO TORREIRO DE FESTAS DE SANTA MARÍA COA QUEDADA DA BTT E A ANDAINA QUE ATRAVESARÁN 23KM E 15 KM RESPEITIVAMENTE.
A FINALIZACIÓN DO TRAXECTO TERÁ A SÚA RECOMPENSA COA FESTA GASTRONÓMICA NO TORREIRO ORGANIZADA POLA COMISIÓN DE FESTAS DA VIRXE DA CONCEPCIÓN DISFRUTAREMOS AO LONGO DO DÍA DA ACTUACIÓN MUSICAL , DA CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS E DAS ACROBACIAS QUE VAN A REALIZAR A TRAVÉS DUN CIRCUITO DE BMX.
ACUDIDE Á GRAN CITA EN SALCEDA DE CASELAS

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS


 As Xornadas de primeiros auxilios impartido por Carlos Vales permitiu aos asistentes recibir unha información imprescindible para poder actuar ante un caso de emerxencia. É imprescindible coñecer cómo poder salvarlle a vida a unha persoa. O Concello de Salceda de Caselas aposta pola información e pola trasmisión de coñecementos a toda a súa cidadanía.
Agradecer a Carlos Vales a súa magnífica exposición.






mércores, 12 de febreiro de 2014

Unha Salceda para disfrutar


 Unha perfecta vista da Fonte das Carballas, un dos espazos recentemente recuperados.


"A auga é igual ao tempo e proporciona un dobre á beleza". Joseph Brodsky



 Unha preciosa área a que tamén podemos contemplar é a área recreativa da Laxe, en San Xurxo


 E a Poza do Cabalo en Picoña
Estos son algúns dos Espazos que acompañan a Paisaxe de Salceda de Caselas, na nosa man está preservalos e coidalos