martes, 29 de abril de 2014

II Programa Agroecolóxico de Salceda


Antonio Eduardo Pérez Méndez aclarounos o pasado 25 de abril o trámite para acadar a certificación do CRAEGA coa acreditación de AENOR.
Os/As  asistentes puideron coñecer cómo é o procedemento de auditorías para conseguir o selo, e os trámites burocráticos a seguir.

O próximo 9 de Maio Bugui encargarase de instruirnos no mundo da permacultura, para pechar este segundo bloque de diversidade.

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE DE CALIDADE


 Este sábado día 26 de abril tivo lugar a xornada para facer compost de calidade no Invernadoiro do CDL do Torrón, entre os asistentes sorteáronse 5 composteiros.
É moi importante reducir por un lado a cantidade de resíduos que xeramos, obtendo un produto cunha nova vida útil que nos permita o abono das nosas terras.
Ser consecuente co medio reducindo a cantidade de resíduos é parte da laboura que cada un ten que facer para mellorar a nosa calidade de vida e o noso entorno, nas maNs de todos está a mellora do Medioambiente.



mércores, 9 de abril de 2014

II Programa agroecolóxico


O venres pasado finalizamos o primeiro bloque adicado á comercialización de produtos sostibles, onde a comercialización de confianza puxo fin a este bloque.
Este venres a cita é para introducir a importancia da biodiversidade na Agricultura Ecolóxica a través da rede de sementes e plántulas.
Unha aposta polo noso Medioambiente e pola nosa saúde.
Moitas grazas a todas as persoas que participan nestas Xornadas e que fan posible trasladar e compartir as súas experiencias con todos nos.

Pasos en Ecolóxico, no seu paso polas Terras da Turonia



 As Terras da Turonia mostráronnos os seu máximo explendor este domingo para rematar na Bodega da Corisca con pinchos e viño ecolóxicos.
A historiadora Puri Pérez e Marcos Besada nos trasladaron a unha época de Castelos, muíños, cruceiros compartindo con todos nos os feitos acontecidos con anacos de historia e lugares de gran encanto.





















martes, 1 de abril de 2014

O Mercado de Confianza dentro da Agricultura ecolóxica.

Este venres 4 ás 20h na Casa da Cultura, temos a III Charla do II Programa Agroecolóxico de Salceda, onde o tema a tratar vai a ser o enfoque dende o punto de vista da Agricultura ecolóxica dende o mercado de confianza, acompañarannos persoas integrantes da Cooperativa Coala, Cesta verde que vende produtos con selo ecolóxico e produtos do mercado de Confianza e Horta do Val.
É moi importante ter en conta qué comemos e qué tipo de residuos xeran gran parte dos produtos tratados con fitocidas, ou se un animal é hormonado ou tratado médicamente a repercusión que ten sobre a nosa saúde e o medioambiente.
Cada día máis problemas da saúde son vinculados directamente co qué comemos, con este Programa o obxectivo e sensibilizar á cidadanía con estos problemas mostrando que sí existe alternativa aos produtos tratados con conservantes, fitocidas,...

PASOS EN ECOLÓXICO