luns, 25 de febreiro de 2013

I Charla Coloquio: A alimentación saudable

O Concello de Salceda de Caselas organiza a súa I Charla-Coloquio sobre a Producción Ecolóxica, dende o punto de vista da saúde, producción e distribución.
Por un lado, membros da Xunta Directiva da Fundación Desenvolvemento Produtos Ecolóxicos de Galicia, van a explicarnos o Proxecto que están a desenvolver en A Estrada.
Por outro lado contaremos, na mesa redonda, coa presencia tamén de membros pertententes á Tabertenda e Corisca, que abriran un pouco o debate para que todos os presentes poidan participar.

xoves, 21 de febreiro de 2013


MANIFESTACIÓN DOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES

O SÁBADO 23 DE FEBREIRO DO 2013

Hora de Comezo: 11:30 da mañá
Percorrido:  Avda. Alférez Provisional ,  Avda. Linares Rivas ,  Rúa Notariado ,  Praza Galicia ,  Rúa Juana de Vega ,  Rúa San Andrés,   Rúa Rúa Nova , Avda. de la Marina ,  Xardíns de Méndez Nuñez .


iNFORMACIÓN CONSULTADA NA PÁXINA WEB: 
http://preferentes.webnode.es/news/manifestacion-a-coru%C3%B1a-%3a-23-febreiro-2013/




Festa da Camelia en Salceda

Un ano máis celebrarase a Festa da Camelia en Salceda con moitas actividades.
Non deixes de acudir!!!!

mércores, 20 de febreiro de 2013

O ENTROIDO NON PARA, AÍNDA QUE CHOVA






FORON 13 AS CARROZAS E 

COMPARSAS QUE NOS ACOMPAÑARON 

O DOMINGO


                IMPRESIONANTES!!!!!!



mércores, 13 de febreiro de 2013

Terreos do Centro de Saúde en Salceda


O Alcalde de Salceda, Marcos Besada , acusa ao PP de mentir para esconder a realidade, que o SERGAS non incluíu o Novo Centro de Saúde nos Orzamentos do 2013

Na sesión plenaria do 12 de Maio do 2011 aprobouse a cesión gratuíta ao SERGAS da Propiedade da parcela para a construcción do Novo Centro de Saúde.


Na reunión celebrada o pasado luns coa Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera tras pedirlle explicacións sobre as razóns polas que o novo Centro de Saúde de Salceda non aparecía nos orzamentos da Xunta para o ano 2013, tal e como se comprometera na reunión de marzo do 2012, a súa contestación foi “que os recortes orzamentarios impedían incluír partida orzamentaria por valor de 2.281.000 € para a súa licitación neste ano”. En ningún momento se falou da non recepción da parcela por parte do Consello da Xunta, que a propia Conselleira asumía como cedida por parte do Concello.
O 13 de Maio do 2011 tras a sesión plenaria, se lle envía á Xunta de Galicia o Certificado da Secretaría Municipal dos acordos adoptados para a Cesión gratuíta ao SERGAS da propiedade da parcela para a construcción do novo centro de saúde, e solicitándolle que comunicara ao concello de Salceda a súa aceptación na cesión do ben.
O 15 de Xullo do ano 2011 o Director Xeral da Administación Local di textualmente “que esta Dirección Xeral dase por informada da tramitación do expediente e acusa recibo da súa comunicación e recepción”.
Por outra banda o único requerimento por parte do Servizo de Patrimonio da Xunta ata o día de hoxe foi a solicitude da copia compulsada da certificación do Rexistro de Propiedade de Tui do 3 de Maio do 2011, e a copia compulsada da certificación catastral da mesma en base ao acordo adoptado pola Xerencia Territorial do Catastro 30 de Xuño o 2011. Esta documentación foi enviada o 28 de Setembro do 2011.
Dende entón e tras ano e medio de espera o Consello da Xunta aínda non aceptou a cesión do ben., sen que en ningunha das reunións mantidas coa Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, co Xerente de Atención Primaria da área de Vigo Javier Caramés, nin por suposto ningún requerimento por escrito e por rexistro de entrada no Concello, por parte da Dirección de Recursos Económicos do SERGAS, se nos fixera saber a necesidade de aportar ningunha nova documentación.
A propia portavoz do PP no Pleno, tal e como recolle a acta do 12 de Maio do 2011, Enma Pereira Iglesias afirmou textualmente que “entende que é hoxe cando remata o proceso de cesión, hoxe e que a partires de agora é cando a Xunta de Galicia ten que recibir os terreos e empezar a traballar neles”.
Na reunión quedou clara a urxencia da construcción do Novo Centro de Saúde, que satisfaga as necesidades dos 8.850 veciños e veciñas que residen actualmente en Salceda, especialmente da poboación infantil de 1.527 nenos e nenas (0-14 anos). En total os facultativos do actual Centro de Saúde asisten a 7.750 persoas e todos os médicos de Salceda teñen asignados a máis de 1.700 cartillas.
O caso máis urxente corresponde á única pediatra do centro, que atende a 1.270 nenos e nenas, cando o máximo aconsellado é de 1.000. Dada esta saturación do servizo de pediatría, plantexouse á Conselleira a busca de solucións como habilitar espazos en instalacións municipais, como xa se está a facer co servizo de matrona, na propia Casa do Concello, ou a incorporación dunha segunda pediatra, que a Conselleira quedou en estudar.
Marcos Besada afirma que "utilizar a mentira, por parte do PP de Salceda, nun intento desesperado de ocultar responsabilidade e defender os intereses inmobiliarios do SERGAS, de cara aos veciños e veciñas de Salceda, mostrando o descoñecemento da situación o expediente da construcción do novo Centro de saúde, non esconde a realidade que: a Xunta do PP non incluíu o Novo Centro de Saúde de Salceda nos orzamentos do 2013 e tampouco esconde outra realidade, que o actual Centro de Saude (construído no ano 1985) de Salceda está colapsado e que os profesionais de Sanidade exercen a súa laboura nun edificio que non cumpre as mínimas condici´9ons para ofrecer uns servizos de calidade mínimos en pleno século XXI".
Dolores Castiñeira, Concelleira de Sanidade, e presente na reunión coa Conselleira asegura que "Agora xa sabemos porqué o SERGAS non recepcionou aínda os terreos cedidos en propiedade gratuítamente no Pleno do 12 de Maio de 2012, para intentar xustificar os seus incumprimentos cos 8850 veciños e veciñas de Salceda.

É lamentable que o PP de Salceda antepoña os intereses do SERGAS por riba da necesidades dos veciños e veciñas de Salceda: os mesmos que permitiron e apoiaron que Salceda deixara de ter Servizos de Urxencias no ano 1996, co Goberno do PP, e os mesmos que permitiron no ano 2010 que o servizos de Urxencias dos sábados pola mañá en Salceda fosen eliminados polo SERGAS.

venres, 8 de febreiro de 2013



Comezou o Entroido en Salceda dende os máis peques ata os do IES. Todavía queda moito mañá. domingo, luns, martes!!!!!


xoves, 7 de febreiro de 2013

VOLVEN AS ANDAINAS
O Sábado 2 de Marzo, dende o Centro Cultural do Borralliño, terá lugar a VI Andaina coñece o teu entorno. Nesta ocasión o percorrido transcurrirá na parroquia de Soutelo.
Un total de 13,8 km serán os que os camiñantes terán que percorrer durante o transcurso.
Para apuntarse, farase dende a páxina web: www.salcedadecaselas.es



luns, 4 de febreiro de 2013


ARRANCA O ENTROIDO EN SALCEDA DE CASELAS



A Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación do Entroido en Salceda de Caselas. Marcos Besada, Alcalde de Salceda, Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Martín Acuña e Jaime Rodríguez en representación dos barrios de A Feira e Castro Barreiro respectivamente foron os encargados de dar a coñecer os actos previstos para estes días de festa.
O venres comezan os actos co desfile dos nenos e nenas dos centros escolares do municipio. O IES Pedras Rubias, o CEP Altamira, o CRA Raíña Aragonta, a Galiña Azul, a Escola Infantil Xoaniña e Manus reúnen un total de máis de mil cativos que van lucir os seus disfraces polo centro da vila a partires das 11:00 da mañá.
O sábado a partires das 17:00 haberá festa infantil de disfraces no Parque Raíña Aragonta con animación a cargo das Maimiñas.
O domingo é o día grande da programación municipal. Ás 12:00 a Banda de Música Cultural de Salceda ofrecerá o seu tradicional concerto na Praza do Concello. A partires das 16:30 terá lugar o XV desfile de carrozas e comparsas, con catorce agrupacións participantes compostas por case mil persoas. Sete desas comparsas son do mesmo municipio, e as demáis repártense entre Tui, Tomiño, Salvaterra e Porriño. Milleiros de persoas está previsto que asistan como público a este espectáculo, tal e como ven acontecendo nos últimos anos. Mentres o xurado toma a súa decisión celebrarase o V Concurso de Coplas de Entroido, e rematarase a festa coa actuación dos grupos Ilusión e Yucatán.
O luns e o martes pásaselles o turno aos barrios de Castro Barreiro e A Feira, que xa teñen todo preparado para presentar as súas carrozas e comparsas o martes ás 17:00 na Praza do Concello.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, fixo un repaso pola programación, salientando o incremento de participación este ano. “Esperamos que sexan unhas citas multitudinarias tal como ven acontecendo nos últimos anos. Os que aínda non coñezan o Entroido de Salceda non deberían deixar de presencialo. É un espectáculo único”.
Marcos Besada, alcalde de Salceda destacou a importancia do entroido de Salceda, un dos máis antigos de Galiza, pola singularidade dos enfrontamentos entre os barrios de Castro Barreiro e A Feira. Resaltou a especial vinculación que tivo sempre o entroido de Salceda coa emigración, e a grande influencia que tivo dende sempre de entroidos tan coñecidos como o de Brasil.
A programción destes dous barrios segue a ser un segredo, xa que os carteis non se fan públicos ata o venres pola noite.



domingo, 3 de febreiro de 2013

UN ESPAZO A TRANSFORMAR

O RÍO LANDRES conta na actualidade cun complexo etnográfico nas súas beiras, así como a presencia do antigo matadoiro xunto cun lavadeiro.
Un lugar con encanto que se está a intentar recuperar.