mércores, 27 de marzo de 2013

Lembrando a Historia de Salceda


 Xa comezamos a traballar no "Lembrando a Historia Salceda", reuníndonos coa Asociación de Xubilados de Salceda.
A finalidade é recoller todos aqueles arquivos e fotografías históricas que cada persoa teña na casa coa finalidade de escanealos e asinar un documento de cesión, devólvendose os orixinais nun prazo moi breve de tempo.
Os traballos a realizar son os de o "Arquivo de Imaxe Municipal" onde se recollerán fotografías sobre diversas temáticas, que se ordenarán cronolóxicamente. "A historia de emigración de Salceda" para o que documentos, cartas e fotografías, xunto con entrevistas persoais formarán parte do noso arquivo. O estudo do Folclore en Salceda e a Historia de Zunzunegui, xunto con todo tipo de Lendas e Mitos de Salceda. Dende o Concello se quere convidar a todas as persoas que teñan documentos, fotografías ou que nos podan proporcionar información acerca da nosa Historia
 O punto de recollida centralizarase na Oficina de Arquivo de Imaxe ubicada na antiga oficina da "Orientadora laboral", centralizándose os mércores en horario de maña e tarde.
Persoas que traballan no Proxecto: Quico Paz Antón, Raul Soutelo, Irene Rodríguez, Cristina Rey, xunto con Marcos Besada, Teresa Pérez e Carla Pérez

luns, 25 de marzo de 2013

CURSO DE EDUCADOR AMBIENTAL A DISTANCIA


CURSO DE EDUCADOR AMBIENTAL
http://www.institutoerudite.org/index_10.htm
Contido: - Crise ambiental e resposta educativa. - Fundamentos da educación ambiental. - Ámbitos de intervención da educación ambiental. - Metodoloxías, técnicas e recursos para o traballo en educación ambiental.
Lugar: A distancia.
Organizador: Instituto Erudite. Investigación Social e Ambiental.
Data de inscrición: Ata o 15 de xullo de 2013.
Data de inicio:
Data de fin: 

venres, 22 de marzo de 2013

TEMOS RAZÓNS PARA PROTESTAR!!!



Máis de 43.000 mozos fóronse de Galicia nos últimos cinco anos

A cidade que rexistra a maior cifra migratoria é Vigo, con 5.548, e séguelle A Coruña con 4.870

18 votos
Hoxe emigran ao estranxeiro o dobre de galegos que hai unha década. Nos nove primeiros meses do 2012 case 11.000 residentes na comunidade trasladaron o seu fogar a outros países, mentres que en todo o 2002 esa circunstancia vital fora tomada por só 4.193.
Pero o realmente determinante para o futuro de Galicia é que case o 56 % desa emigración ao exterior está protagonizada pola franxa en idade laboral máis nova da pirámide poboacional. Pondo o foco desde o comezo da crise obsérvase que foron 43.554 os galegos de entre 16 e 29 anos que cruzaron as fronteiras da comunidade ben para establecerse noutras autonomías (32.542 casos) ou no estranxeiro (11.012).
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/03/22/43000-jovenes-ido-galicia-ultimos-cinco-anos/0003_201303G22P4991.htm?idioma=galego

CHARLA DE ADICAE E STOP DESAFIUZAMENTOS

Mais de 50 persoas acudiron onte á charla sobre os desafiuzamentos.
É moi importante traballar en conxunto para poder chegar a novas negociacións e acordos cos bancos.
Entre todos podemos!!!



xoves, 21 de marzo de 2013

CURSO PARA OBTENCIÓN DE CARNÉ DE APLICADOR DE BIOCIDAS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.


luns, 18 de marzo de 2013

Clube balonmán Caselas femenino!!!







Añadir leyenda



Actividades proxectadas nesta semana




V mostra da Camelia en Salceda

 



O






Ana Fernández acompañounos cunha fermosa poesía


Actuación Grupo Xestral

Darío Hermida falando no Faro do Xatcobeo


´Vivo un sueño, el XaTcobeo ha sido una carta de presentación inmejorable´

17.03.2013 | 04:29

 El primer satélite gallego lleva un año en órbita y ha dejado en tierra a toda una "generación XaTcobeo" que ya trabaja en las principales agencias y empresas aeroespaciales del mundo. Darío Hermida (Salceda de Caselas, 1981) viajó con el ingenio al Centro de Tecnología e Investigación Espacial de la ESA en Noordwijk (ESTEC) para instalarlo en su adaptador de lanzamiento y después vivió en directo desde la Guayana francesa el emocionante despegue del cohete Vega y la posterior puesta en órbita del cubesat vigués. Gracias a este bagaje profesional firmaba el pasado noviembre un contrato indefinido en el mismo centro donde acaba de llegar el segundo satélite de la universidad olívica, el HumSat, para ser verificado.
"Estoy viviendo un sueño. Empezamos como principiantes y nos fuimos haciendo nuestro sitio gracias al esfuerzo del profesor Aguado y de todos los investigadores de un proyecto apoyado por el INTA y ESA-España. Llegar a ESTEC es muy complicado y el XaTcobeo ha sido una carta de presentación inmejorable. Le debemos todo a la experiencia en la Universidad", reconoce este ingeniero de Telecomunicaciones que participó en el desarrollo del primer satélite gallego desde sus inicios y también en el de sus sucesores, HumSat y FemtoXat, los próximos en ser enviados al espacio.
Alrededor de 2.000 expertos trabajan en ESTEC, el mayor centro europeo de ensayos de naves espaciales y satélites y uno de los primeros del mundo. Darío pertenece a la división de ingeniería mecánica, en cuyas modernas instalaciones se verifican los experimentos de la ESA y también los de la industria. De hecho, su primer proyecto en Noordwijk estuvo relacionado con una pieza del Airbus.
En los últimos meses, ha participado en los test de la misión BepiColombo, en la que colaboran la ESA y la agencia espacial japonesa JAXA para poner dos satélites en la órbita de Mercurio en 2022. Y actualmente colabora en el proyecto ExoMars, el equivalente europeo a la misión del Curiosity para explorar la superficie del planeta rojo. "La diferencia está en los instrumentos del vehículo explorador que realizará el amartizaje", comenta.

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/03/17/vivo-sueno-xatcobeo-sido-carta-presentacion-inmejorable/775352.html

venres, 15 de marzo de 2013

RECUPERACIÓN DO NOSO PATRIMONIO


Os cruceiros de Maceira e Fonte da Pedra están a ser restaurados. A través dos fondos AGADER, o Goberno Municipal está a acondiconar a área dos cruceiros, que son de relevada importancia no noso concello.                                                                                              
                                                                                              Cruceiro da Fonte da Pedra: Está composto o entorno por un cruceiro e un peto das ánimas que foi mandado construír posteriormente, no ano 1904. A importancia do cruceiro se remonta a cando Juan Antonio García Sestelo, mandou facelo peto en agradecemento ás Ánimas do Purgatorio por ter recuperado a súa saúde, a través das augas que alí habían que dicían eran milagreiras






Cruceiro de Maceira 
É o cruceiro máis alto de Salceda de Caselas, composto por varios Santos entre os que destaca o de San Tomé, patrón da parroquia de Parderrubias e Santo Antón por detrás.
Remata en cruz, onde aparece a Virxe e un Cristo.
O ano de construcción é do 1799, polo que podería tratarse dun cruceiro xubilar (o ano 1800 era ano santo).
O cruceiro foi mandado facer por María Antonia Alo, segundo aparece na súa inscripción.


Acode a Salceda de Caselas este fin de semana



 Os días 15, 16 e 17 vai a haber unha amplia gama de actividades para facer en Salceda
A fin de semana do 15, 16 e 17 de marzo,Salceda contará cunha ampla oferta diaria de actividades, no que varias asociacións xunto co concello encargaranse de ofrecer un calendario de eventos que comezará o venres 15 coa festa Furancheira, que ten como escenario diversos locais que abrirán ese día na parroquia de A Picoña, coa actuación da Cé Orquestra Pantasma a partires das 19:30 e o sábado dende as 18:00, acto organizado pola Asociación de Veciños Carballeira, colaborando o Concello de Salceda de Caselas e a Deputación.
O sábado 16 e domingo 17 o Mercasalceda instalarase na praza do Concello, dende as 10:00 ata as
20:30, onde os membros da Asociación de Comerciantesde Salceda (Acisa) terán o seu posto,
ademáis a devesa recollerá a V Mostra de Artesanía.
A V Mostra da Camelia, terá lugar o 16 e 17 e conta con dúas actuacións os dous días, as 16:00 do
sábado 16 terá lugar o acto inaugural coa actuación de Colectivo Xestal, e o domingo ás 19:00
poderemos presenciar a actuación de Os teimosos de Portugal, o Auditorio permanecerá aberto co
obxectivo de que os visitantes poidan visitar a mostra da Camelia. O Concello de Salceda, organizador
do evento, quere agradecer a colaboración da "Asociación de Jubilados y Pensionistas de Salceda", a "Asociación de Mulleres Rurais", á "Sociaedad Española de la Camelia", e a "Camelia Galicia".
O domingo pola mañá terá lugar á VI Festa Gastronómica do Xabarín que organiza "A comisión de
Festas da Virxe da Concepción" e que terá lugar no Torreiro de Santa María a partir das 12:00 da mañá, e terá lugar a III quedada BTT Xabarín 2013 organizada polo Clube Ciclista Aragonta, para todas aquelas persoas interesadas en participar na quedada da BTT, poderán inscribirse a travésde: www.clubeciclistaaragonta.blogspot.com.es".

Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo en Salceda, agradece a todos os colectivos, a súa
implicación nos eventos que terán lugar en Salceda este fin de semana."Salceda é un pobo dinámico con moita xuventude, e con colectivos que se implican e traballan arreo para ofrecer moitas actividades dentro do noso Concello e, colaborando todos xuntos, podemos ofrecer unha gran variedade de actos para todas os veciños e veciñas de Salceda, así como tamén, para todas aquelas persoas que nos queiran visitar". Dende a Concellaría de Turismo animamos a que este fin de Semana a xente se quede en Salceda

martes, 12 de marzo de 2013

O GRUMIR REMATA O SEU CONTRATO




O GRUMIR finaliza o seu contrato no Concello de Salceda de Caselas
Este operativo imprescindible para atender as intervencións rápidas xa non volverá a estar dispoñible para o noso concello no próximo ciclo de contratacións, debido aos recurtes da Xunta.

O pasado 28 de febreiro finalizou o contrato do Grupo de Intervención Rápida (GRUMIR) no concello de Salceda de Caselas, despois dunha cobertura do servizo de 6 meses onde densenvolveron unha laboura primordial e de elevada importancia dentro do Concello, estando as 24 h do día dispoñibles ante a posibilidade de intervir ante calquer emerxencia.
Este grupo destaca pola súa versatilidade ante diversos traballos a desenvolver entre os que, ademáis de atención a inundacións, intervención en extición de incendios, labouras silvícolas de emerxencia, asistencia en accidentes, así coma as labouras silvícolas de prevención de incendios, de control de seguridade cidadán en actos lúdicos e sociais, control do tráfico para determinados actos, entre outros.
A súa grande laboura en defensa da seguridade dos nosos 8835 veciños e veciñas de Salceda é para nos imprescindible contar co servizo deste colectivo de traballadores, para o cal xa presentamos as alegacións para evitar a súa desaparición ante a FEGAMP o 15 de Xaneiro do 2013.
Despois de 25 anos de existencia dos grupos do GRUMIR, cunha laboura de gran eficacia nos servizos que brindan á cidadanía, o Goberno de Salceda de Caselas, lamenta a súa desaparición que ven vencellada ao sistema de recurtes do Goberno Central e Autonómico.
Fortunato Álvarez, concelleiro de vías e obras "lamenta que os veciños de Salceda non poidan ter unha cobertura plena ante calquer incidente, quedando o servizo de emerxencia á cidadanía deficitario, crítico cando a vida das persoas depende deste tipo de servizo. É un recorte máis de cara aos servizos prioritarios e importantes que se deberían de manter, se hai que recortar hai campos abertos que non inciden directamente no benestar e na atención das persoas".



Andaina nocturna

Acode o venres 22 de marzo á andaina nocturna que organiza a Comisión de Festas da Virxe do Libramento

luns, 11 de marzo de 2013

Charla obradoiro sobre hipotecas

Acude o xoves 21 de marzo á Charla que terá lugar no Auditorio de Salceda de Caselas sobre as condicións hipotecarias.


Charla a Alimentación saúdable


Máis de 50 persoas participaron na charla sobre a Alimentación saudable.
Moi importante seguir na liña da Agroecoloxía, todas aquelas persoas que demanden ou oferten un terreo, poden pasar a falar polo concello coa área de Medioambiente

xoves, 7 de marzo de 2013

O RANCHO DE REIS ACTÚA HOXE EN EXPOURENSE


HOXE OS NOSOS ARTISTAS DO SERÁN MOSTRARÁNSE EN EXPOURENSE COMO PARTE MOI IMPORTANTE DO NOSO PATRIMONIO INMATERIAL.
GRAZAS POR PRESERVAR A NOSA CULTURA