mércores, 18 de febreiro de 2015

O Gran Encontro da Rivalidade entre a Feira e o Castro Barreiro





 O gran encontro no Cruceiro de Fonte da Pedra, onde os dous barrios despídense co discurso e co baile principal, que realizan diante da Praza do Concello.











 A temática da Feira acollida no sentido da Independencia de Cataluña a través da mimetización da Guerra das Galaxias con dúas naves unha apoiada sobre o planeta Cataluña, na que viaxa Arthur Mas e Jordi Pujol e outra sobre España, que transporta a Cristiano Ronaldo, Rajoy e ao Pequeno Nicolás, mimetizados todos eles con persoaxes de Star Wars.









 O Castro Barreiro fixeron honra ao gran poeta Federico García Lorca e ao pobo dos cíngaros do seu libro Romancero Gitano. Unha gama de cores que se fixo presente na súa carruaxe e na comparsa.









luns, 16 de febreiro de 2015

13 carrozas e comparsas percorreron o centro da vila de Salceda


 Os globos violetas foron os protagonistas principais do Entroido, nun acto de protesta de Pediatría Colapsada e Inaccesible, exixindo a Xunta a construcción dun novo Centro de Saúde e dun novo servizo de Pediatría.

 Un gran traballo o realizado polos 13 colectivos que nos fixeron disfrutar do seu grande traballo e compartiron con nos o seu gran día.