martes, 21 de outubro de 2014

UN GRAN ÉXITO NA BTT E ANDAINA AÍÑA ARAGONTA



Un gran traballo o realizado polo Clube ciclista Aragonta, un pracer traballar convosco!!!









































Moitas grazas polo traballo realizado por
 Protección Civil







xoves, 16 de outubro de 2014

XORNADA CULTURAL


 Parabéns á Coral Polifínica de Santa María polo seu traballo, 4 grupos foron os encargados de amenizar a Xornada cultural co fins solidarios.
Os alimentos recaudados foron a parar ao programa de alimentos do Concello de Salceda.

O evento tivo lugar o sábado 11 ás 20:00 na Devesa








luns, 8 de setembro de 2014

I FEIRA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA E DE ARTESANÍA


A Praza de Abastos de Salceda de Caselas acolleu a 1ª Edición da Feira de Agricultura Ecolóxica e de Artesanía que tivo lugar o domingo 7 de Setembro, coincidindo coa XXII Festa dos Callos.
A praza de Abastos encheuse de centos asistentes que visitaron o lugar para realizar as súas compras e coñecer aos produtores en ecolóxico e artesáns que tiñan os seus postos, nun horario de apertura de 10:00 a 21:00

As bancadas principais convertíronse en expositores dos produtos ecolóxicos, e foron compartidas por produtos certificados en agricultura ecolóxica así como de produtos do mercado de confianza, rodeado polos postos de artesanía e de máis postos de agricultura ecolóxica.