A Plataforma de Afectados polas
Hipotecas Vigo-Salceda dará unha Conferencia acerca da Estafa
Inmobiliaria no Auditorio Muncicipal de Salceda de Caselas.
A
Plataforma de Afectados pola Hipotecas Vigo-Salceda-Tui realizará o
venres 24 de maio a partir das 20h no Auditorio Muncipal unha
conferencia na que tratará a Estafa Inmobiliaria por parte do
sistema financieiro, e as consecuecias máis drásticas nas que
derivan como son os Desafiuzamentos.
A
charla está convidado o Valedor do Pobo e Alba Castro Guerra, alumna
do Instituto de Tui e veciña de Salceda, que iniciará a Conferencia
cun traballo realizado por ela onde explica a visión social das
Hipotecas
A
Plataforma xa ven traballando cada mércores na Praza do Concello de
Salceda de Caselas, aproveitando o Mercadiño Municipal, no día de
maior presencia de veciños e veciñas no centro da praza, está a
desenvolver un papel primordial na axuda ás familias que padecen
graves problemas para facer fronte ao pagamento das hipotecas,
axundando na xestión e asesoramento, xunto con trámites que deben
de seguir.
É
moi importante o dereito á información de todos os veciños e
veciñas de Salceda, non só para aquelas persoas que estén
atravesando unha grave situación, senón tamén para todas aquelas
persoas que queiran coñecer a situación actual de moitas das
hipotecas, para que á hora de contratar unha hipoteca se teñan en
conta unha serie de aspectos imprescindibles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario