martes, 3 de setembro de 2013

Este xoves na praza do concello


Os máis cativos disfrutarán do xogo Xigante da reciclaxe. Esta campaña foi solicitada a SOGAMA, que ofrece este servizo didáctico para maiores e para os máis cativos.
Esta campaña ven pechando unha primeira fase que reciclaxe que xa se iniciou no mes de Xuño coas Xornadas "Os nosos Resíduos" nas que se falaron da importancia económica e medioambiental que ten reciclar, así como a realización de compostaxe caseiro, para reutilizar os restos orgánicos como abono.
A actividades programadas realízanse nun vehículo adaptado desde o cal diversos monitores informan á veciñanza sobre as boas prácticas para facilitar a reciclaxe, á vez que toman boa nota dos comentarios, opinións e mesmo recomendacións que esta realiza, dando a oportunidade aos cidadáns para que poidan consultar as súas dúbidas, facilitando a colaboración.
O punto sobre o que se insistirá en maior medida será o vinculado á correcta separación dos residuos por tipoloxías, xa que, sen este labor previo, os beneficios da reciclaxe non serán viables en ningún caso. Ademais de precisar os materiais a depositar en cada un dos contedores, incidirase naqueles que xeran máis confusión. É o caso dos plásticos que non son envases nin envoltorios, e cuxo destino debe ser o recipiente verde convencional, nunca o amarelo (reservado para os envases de plástico, as latas e os briks), ou ben o papel sucio, plastificado ou de calco, e que debe ser depositado igualmente no recipiente convencional e nunca no azul. Así mesmo, os vidros que non son envases, non poden ser introducidos no iglú verde, acollendo este as botellas, tarros e frascos.
Estas e outras cuestións serán obxecto de diversas puntualizacións por parte dos educadores, garantindo con isto unha maior participación no sistema e, polo tanto, unha posterior recuperación destes materiais.
Así mesmo, porase a disposición dos nenos o xogo xigante da reciclaxe, co que poderán perfeccionar os seus coñecementos, permitíndolles ata levar a cabo unha tarefa educativa no seu contorno familiar e social máis inmediato.


Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medioambiente quere incidir especialmente na correcta Separación e na Reciclaxe, e convida a que os nenos se apunten (na Casa da Cultura ou no correo electrónico: medioambiente@salcedadecaselas.es) a participar na Xincana da Natureza que terá lugar o Sábado 21 de Setembro, con múltiples xogos para os pequenos e adolescentes, que terán que competir para gañar a Xincana. "Con estas actividades queremos chegar a todas as idades incidindo nos máis cativos que son os que poñen en práctica os seus coñecementos levando a cabo unha tarefa moi necesaria, que é a correcta Separación e a preocupación pola natureza e os seres vivos que a compoñen".

Ningún comentario:

Publicar un comentario