martes, 1 de abril de 2014

O Mercado de Confianza dentro da Agricultura ecolóxica.

Este venres 4 ás 20h na Casa da Cultura, temos a III Charla do II Programa Agroecolóxico de Salceda, onde o tema a tratar vai a ser o enfoque dende o punto de vista da Agricultura ecolóxica dende o mercado de confianza, acompañarannos persoas integrantes da Cooperativa Coala, Cesta verde que vende produtos con selo ecolóxico e produtos do mercado de Confianza e Horta do Val.
É moi importante ter en conta qué comemos e qué tipo de residuos xeran gran parte dos produtos tratados con fitocidas, ou se un animal é hormonado ou tratado médicamente a repercusión que ten sobre a nosa saúde e o medioambiente.
Cada día máis problemas da saúde son vinculados directamente co qué comemos, con este Programa o obxectivo e sensibilizar á cidadanía con estos problemas mostrando que sí existe alternativa aos produtos tratados con conservantes, fitocidas,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario