Primeiras Xornadas de
Aproveitamento de Resíduos, onde por un lado se informará aos
asistentes de cómo deben de separar os seus resíduos na casa e a o
procedemento de reciclaxe que seguen os residuos nas relativas
plantas de reciclaxe, como xa se viu facendo en novembro do ano 2012,
polas parroquias
Se vai a incorporar unha
charla de cómo debemos compostar, onde se explicará o procedemento
de compostaxe que debe de seguir cada persoa na súa casa. Grazas á
adhesión do Concello de Salceda de Caselas no "Programa de
Compostaxe na Casa" SOGAMA cedeu 30 composteiros que serán
sorteados entre os participantes da charla, sempre e cando habiten
nunha vivenda que teña un espazo para poder realizar o ciclo de
compostaxe, e estén empadronados en Salceda de Caselas. As persoas
que consigan o composteiro, realizaráselles un seguimento no proceso
de compostaxe coa finalidade de poder satisfacer todas aquelas
dúbidas ou problemas que poidan ter no uso do mesmo.
Para as Xornadas
contaremos coa presencia do representante de Abonos Lourido que nos
vai a informar acerca da obtención de abono natural a través do
aproveitamento do toxo. Esta empresa situada en Rebordechán,
procesan o toxo de maneira natural para a obtención de abonos.
O sábado a partir das
10:00 da mañá temos a cita na EDAR de Tui, onde procederemos a
visitar a depuradora biolóxica de fangos a onde chegan os nosos
resíduos a través do sistema de saneamento. Na visita poderemos
coñecer o procesado que se realiza nas instalacións ubicadas na
planta en Guillarei.
IMPRESCINDIBLE APUNTARSE
ANTES DO 18 DE XUÑO, os que se apunten a posteriori non entrarán no
sorteo, só se non se acadasen 30 persoas antes do 18. Sí poderán
asistir as charlas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario