O
Concello de Salceda ven de liquidar 2 préstamos que mantiña coas
entidades Financieiras no ano 2012 e vanse a liquidar outros dous
máis ao longo do 2013
O
Concello de Salceda de Caselas liquidou no ano 2012 dous préstamos
que mantiña con distintas entidades financieiras, e vai a liquidar
outros dous este ano 2013. Así pois liquidouse un préstamo do ano
1997 para obras de reforma do Matadoiro Municipal, e un segundo
préstamo para obras da estrada Santa María- Picoña do ano 2002.
Asi mesmo este ano 2013, se vai a liquidar un préstamo do ano 1998
para adquisición duns terreos no IES Pedras Rubias en Parderrubias e
outro que é o máis antigo que ten o concello do ano 1994 para a
adquisición do local onde presta os seus servizos na actualidade a
Logopeda Municipal.
O
endebedamento local do Concello atópase nuns niveis máis que
aceptables. Dos datos da última liquidación orzamentaria, o nivel
de endebedamento foi do 39,5 % con respeito aos ingresos obtidos no
ano 2012, polo se sitúa moi por debaixo do 75% que é o máximo
permitido para poder solicitar novas operacións de créditos, aínda
que o Concello non prevee solicitar ningún novo préstamo.
Segundo
os últimos datos oficiais remitidos ao Ministerio de Facenda o
Concello de Salceda acadou un aforro neto de mais de medio millón de
euros e o remanente negativo de tesourería reduciuse nun 60% con
respeito ao ano 2011, polo que as actuacións de revisión do gasto
que se están a levar a cabo, están a ter un resultado que se
reflicte na mellora da Facenda Local do Concello, co saneamento das
contas Municipais.
Isto
permite que se esté as reducir o periodo pago de facturas a
proveedores o que da mais facilidades para negociar mellores prezos
cos distintos proveedores do Concello, e dota de liquidez aos
autónomos e pemes (proveedores)maioritariamente locais.
Un
dos gastos que van a ter que pagar os veciños e veciñas de Salceda,
ao longo dos próximos vai a ser o pago dos terreos expropiados polo
antigo Goberno no ano 2005, para a construcción do Parque Raíña
Aragonta e que a día de hoxe se está a negociar un plan de pagos
cos afectados que reclamaron á Xustiza, sendo o montante total de
preto dun millón de euros o cal limitará as inversións do Concello
nos próximos anos.
Jose
Luis González, concellerio de Facenda, declara "nótase a
mellora do pago das facturas a proveedores coa fin de que non se
demore o pagamento en máis de 30 días. A saúde das finanzas
Municipais está a mellorar día a día grazas ao traballo de
contención do gasto das distintas Concellarías está a dar os seus
resultados
MÁIS INFO: http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/06/19/concello-salceda-liquida-prestamos-24000/831220.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario