luns, 8 de xullo de 2013

Coñece os Humidais de Budiño na próxima edición de Coñece en Familia pola Senda do Río Caselas


A Concellaría de Medio Ambiente dirixida por Cándido Lorenzo vai a realizar unha saída o próximo xoves 11 de Xullo ás 19:00, dende o Torreiro de Santa María.
A II edición da actividade vai a percorrer a Senda do Río Caselas onde cada muíño acollerá unha temática diferente, de flora, fauna e micoloxía do espazo existente nos Humidais de Budiño dentro do espazo natural das Gándaras. A importancia deste espazo é debida á presencia de hábitats protexidos de especial interese polo tipo de hábitats que presenta e a singularidade e vulnerabilidade dalgunhas especies de flora e fauna que nel se atopan.
O caracter de protección ven dado a través da catalogación do espazo dentro de Rede Natura 2000, que o recoñece como lugar de iterese comunitario (Directiva europea 92/43/CE) e Zonas de especial Protección por Valores Naturais (ZEPVN) (Lei 9/2011 de Conservación da Natureza).
Os nenos acompañados por mínimo un adulto, que participen na actividade, terán que realizar unha serie de probas en cada muíño, asociandose en grupo ou de forma individual, coa finalidade de contestar as cuestións que se lle plantexen, levarán a máxima puntuación aqueles nenos, que no seu conxunto consigan un maior número de respostas correctas. Para apuntarse á actividade os particpantes, deberán inscribirse en : medioambiente@salcedadecaselas.es, pondo o nome e apelidos e idade.


"Con estas actividades ademáis de ensinarlle aos máis cativos os diferentes hábitats e especies que forman parte dos ecosistemas, estase a realizar un inventario florístico e faunístico da xeografía do municipio de Salceda coa finalidade e inventariar gran parte do noso territorio, dentro deste proxecto están Oscar Requejo, autor do libro "Guía Micolóxica do Río Caselas", Manuel González que foi guía no Parque Natural do Aloia, ambos biológos que colaboran en gran medida con Marcos Troncoso, Matías e Carla Pérez, persoal laboral e en prácticas do Concello. A todos eles agradecerlle o seu traballo". Cándido Lorenzo

Ningún comentario:

Publicar un comentario