mércores, 3 de xullo de 2013

II ROTEIRO COÑECENDO EN FAMILIA


O II Roteiro: "Coñecendo en Familia" ten como temática, este ano, o espazo dos Humidais de Budiño.
O percorrido que se vai a realizar vai a ser o da Senda do Río Caselas, onde cada muíño terá unha proba que pasar diferente, cunha temática distinta. O Muíño das Covas albergará os Fungos máis característicos da Senda dos Humidais, e o de Figueiras e Marcial realizarán o mesmo coa Flora e Fauna.
As probas que se van a realizar van a ser diferentes ás do ano pasado, pero a finalidade será a mesma: Coñecer alguhas das especies que integran estos espazos.
A saída será dende o Torreiro de Santa María, o xoves 11  ás 19:00h e terán que ir os máis cativos en compañía dun adulto (pais, avós, tíos,..) e xuntos terán que atravesar as probas que alí se lles exporán.

É moi importante por a IDADE, xa que sefarán grupos de idade

Ningún comentario:

Publicar un comentario