mércores, 27 de marzo de 2013

Lembrando a Historia de Salceda


 Xa comezamos a traballar no "Lembrando a Historia Salceda", reuníndonos coa Asociación de Xubilados de Salceda.
A finalidade é recoller todos aqueles arquivos e fotografías históricas que cada persoa teña na casa coa finalidade de escanealos e asinar un documento de cesión, devólvendose os orixinais nun prazo moi breve de tempo.
Os traballos a realizar son os de o "Arquivo de Imaxe Municipal" onde se recollerán fotografías sobre diversas temáticas, que se ordenarán cronolóxicamente. "A historia de emigración de Salceda" para o que documentos, cartas e fotografías, xunto con entrevistas persoais formarán parte do noso arquivo. O estudo do Folclore en Salceda e a Historia de Zunzunegui, xunto con todo tipo de Lendas e Mitos de Salceda. Dende o Concello se quere convidar a todas as persoas que teñan documentos, fotografías ou que nos podan proporcionar información acerca da nosa Historia
 O punto de recollida centralizarase na Oficina de Arquivo de Imaxe ubicada na antiga oficina da "Orientadora laboral", centralizándose os mércores en horario de maña e tarde.
Persoas que traballan no Proxecto: Quico Paz Antón, Raul Soutelo, Irene Rodríguez, Cristina Rey, xunto con Marcos Besada, Teresa Pérez e Carla Pérez

Ningún comentario:

Publicar un comentario