venres, 15 de marzo de 2013

RECUPERACIÓN DO NOSO PATRIMONIO


Os cruceiros de Maceira e Fonte da Pedra están a ser restaurados. A través dos fondos AGADER, o Goberno Municipal está a acondiconar a área dos cruceiros, que son de relevada importancia no noso concello.                                                                                              
                                                                                              Cruceiro da Fonte da Pedra: Está composto o entorno por un cruceiro e un peto das ánimas que foi mandado construír posteriormente, no ano 1904. A importancia do cruceiro se remonta a cando Juan Antonio García Sestelo, mandou facelo peto en agradecemento ás Ánimas do Purgatorio por ter recuperado a súa saúde, a través das augas que alí habían que dicían eran milagreiras






Cruceiro de Maceira 
É o cruceiro máis alto de Salceda de Caselas, composto por varios Santos entre os que destaca o de San Tomé, patrón da parroquia de Parderrubias e Santo Antón por detrás.
Remata en cruz, onde aparece a Virxe e un Cristo.
O ano de construcción é do 1799, polo que podería tratarse dun cruceiro xubilar (o ano 1800 era ano santo).
O cruceiro foi mandado facer por María Antonia Alo, segundo aparece na súa inscripción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario