mércores, 13 de febreiro de 2013

Terreos do Centro de Saúde en Salceda


O Alcalde de Salceda, Marcos Besada , acusa ao PP de mentir para esconder a realidade, que o SERGAS non incluíu o Novo Centro de Saúde nos Orzamentos do 2013

Na sesión plenaria do 12 de Maio do 2011 aprobouse a cesión gratuíta ao SERGAS da Propiedade da parcela para a construcción do Novo Centro de Saúde.


Na reunión celebrada o pasado luns coa Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera tras pedirlle explicacións sobre as razóns polas que o novo Centro de Saúde de Salceda non aparecía nos orzamentos da Xunta para o ano 2013, tal e como se comprometera na reunión de marzo do 2012, a súa contestación foi “que os recortes orzamentarios impedían incluír partida orzamentaria por valor de 2.281.000 € para a súa licitación neste ano”. En ningún momento se falou da non recepción da parcela por parte do Consello da Xunta, que a propia Conselleira asumía como cedida por parte do Concello.
O 13 de Maio do 2011 tras a sesión plenaria, se lle envía á Xunta de Galicia o Certificado da Secretaría Municipal dos acordos adoptados para a Cesión gratuíta ao SERGAS da propiedade da parcela para a construcción do novo centro de saúde, e solicitándolle que comunicara ao concello de Salceda a súa aceptación na cesión do ben.
O 15 de Xullo do ano 2011 o Director Xeral da Administación Local di textualmente “que esta Dirección Xeral dase por informada da tramitación do expediente e acusa recibo da súa comunicación e recepción”.
Por outra banda o único requerimento por parte do Servizo de Patrimonio da Xunta ata o día de hoxe foi a solicitude da copia compulsada da certificación do Rexistro de Propiedade de Tui do 3 de Maio do 2011, e a copia compulsada da certificación catastral da mesma en base ao acordo adoptado pola Xerencia Territorial do Catastro 30 de Xuño o 2011. Esta documentación foi enviada o 28 de Setembro do 2011.
Dende entón e tras ano e medio de espera o Consello da Xunta aínda non aceptou a cesión do ben., sen que en ningunha das reunións mantidas coa Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, co Xerente de Atención Primaria da área de Vigo Javier Caramés, nin por suposto ningún requerimento por escrito e por rexistro de entrada no Concello, por parte da Dirección de Recursos Económicos do SERGAS, se nos fixera saber a necesidade de aportar ningunha nova documentación.
A propia portavoz do PP no Pleno, tal e como recolle a acta do 12 de Maio do 2011, Enma Pereira Iglesias afirmou textualmente que “entende que é hoxe cando remata o proceso de cesión, hoxe e que a partires de agora é cando a Xunta de Galicia ten que recibir os terreos e empezar a traballar neles”.
Na reunión quedou clara a urxencia da construcción do Novo Centro de Saúde, que satisfaga as necesidades dos 8.850 veciños e veciñas que residen actualmente en Salceda, especialmente da poboación infantil de 1.527 nenos e nenas (0-14 anos). En total os facultativos do actual Centro de Saúde asisten a 7.750 persoas e todos os médicos de Salceda teñen asignados a máis de 1.700 cartillas.
O caso máis urxente corresponde á única pediatra do centro, que atende a 1.270 nenos e nenas, cando o máximo aconsellado é de 1.000. Dada esta saturación do servizo de pediatría, plantexouse á Conselleira a busca de solucións como habilitar espazos en instalacións municipais, como xa se está a facer co servizo de matrona, na propia Casa do Concello, ou a incorporación dunha segunda pediatra, que a Conselleira quedou en estudar.
Marcos Besada afirma que "utilizar a mentira, por parte do PP de Salceda, nun intento desesperado de ocultar responsabilidade e defender os intereses inmobiliarios do SERGAS, de cara aos veciños e veciñas de Salceda, mostrando o descoñecemento da situación o expediente da construcción do novo Centro de saúde, non esconde a realidade que: a Xunta do PP non incluíu o Novo Centro de Saúde de Salceda nos orzamentos do 2013 e tampouco esconde outra realidade, que o actual Centro de Saude (construído no ano 1985) de Salceda está colapsado e que os profesionais de Sanidade exercen a súa laboura nun edificio que non cumpre as mínimas condici´9ons para ofrecer uns servizos de calidade mínimos en pleno século XXI".
Dolores Castiñeira, Concelleira de Sanidade, e presente na reunión coa Conselleira asegura que "Agora xa sabemos porqué o SERGAS non recepcionou aínda os terreos cedidos en propiedade gratuítamente no Pleno do 12 de Maio de 2012, para intentar xustificar os seus incumprimentos cos 8850 veciños e veciñas de Salceda.

É lamentable que o PP de Salceda antepoña os intereses do SERGAS por riba da necesidades dos veciños e veciñas de Salceda: os mesmos que permitiron e apoiaron que Salceda deixara de ter Servizos de Urxencias no ano 1996, co Goberno do PP, e os mesmos que permitiron no ano 2010 que o servizos de Urxencias dos sábados pola mañá en Salceda fosen eliminados polo SERGAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario