SALCEDA
URBÁN
Comeza
o Salceda Urbán nun dos accesos ao parque Raíña Aragonta
O
proxecto que se presentou no Concello para o deseño de graffites,
comeza hoxe a facerse realidade
Hoxe tres
graffiteros cuxas firmas corresponden a Powone, Gory e SW están a
realizar o seu primeiro Graffite no espazo que lles proporciona o
Concello para o desenvolvemento do Programa de Salceda Urbán. Sendo
o espazo un dos accesos ao parque Raíña Aragonta, que ten
titularidade privada, para o que o Concello, tras unha reunión con
todos os seus propietarios conta co seu permiso.
O Programa
Salceda Urbán comezou a porse en marcha en outubro do ano pasado,
cando unha serie de graffiteros, entre eles algún do que está a por
en marcha este proxecto, se puxeron en contacto co Concello para
solicitar a posibilidade de habilitar espazos públicos, ou privados,
para poder representar o seu arte.
Dende esa
conversa o Concello estivo a traballar nun modelo único para
solicitar un espazo graffiteiro nun espazo habilitado, presentando, o
solicitante, sempre un pequeno proxecto cun voceto co que se quere
representar. Os espazos cos que se vai a contar para realizar estos
proxectos son aqueles que o Concello habilite para a causa, nos
demáis espazos seguirá estando prohibido realizar calquer tipo de
práctica similar.
Hoxe un
grupo de graffiteiros están a utilizar este espazo, para o que se
contou co permiso de todos os propietarios deste espazo, que
presentaba un estado de abandono e se convertía en muro de
constantes pintadas non realizadas polos graffiteros.
Estase a
pensar noutros posibles espazos para incluir dentro do Salceda urbán,
algúns deles con temáticas condicionadas polo entorno e outras
zonas de libre expresión.
Dende a
Concellaría de xuventude, dirixida por Loli Castiñeira, agradece
este tipo de colaboración con grupos de persoas responsables e
respetuosas cos espazos determinados, e fai un chamamento aos que
realizan pintadas ilegais, para que respeten o traballo destos
artistas, así como dos espazos públicos que poidan ser obxecto de
pintadas. “Na nosa man está en embelecer Salceda para que todo o
mundo poida disfrutar so noso entorno”
Ningún comentario:
Publicar un comentario