O Concello de
Salceda de Caselas aposta pola sinalización de parroquias e espazos
de relevancia municipal no centro da vila
A sinalización da
vila permitirá contar cun movemento máis fluido dos que visiten o
noso Concello
O
Concello de Salceda de Caselas sinaliza a súa vila a través da
colocación de sinais que indican a dirección a parroquias e de
edificios de relevancia municipal. Esta tarefa de gran importante
permitirá que as persoas que se acheguen ao noso concello poidan
dirixirse aos espazos ou parroquias obxecto de destino nun intervalo
de tempo menor.
O
Plan de Sinalización, permitirá reconducir o tráfico dentro do
centro da vila, obtendo non so unha circulación máis fluida do
tráfico, senón que tamén facilitará a atención aos equipos de
urxencia que non coñezan o noso Concello.
Dende
a Concellería de Tráfico e Seguridade, se pretende acadar as
mellores liñas estratéxicas para mellorar os accesos no noso
concello. Este investimento acadado a través de fondos propios están
incluídos no orzamento do ano 2012, sendo a empresa adxudicataria
Javucho Publicidade que se encargou tanto da realización do deseño
como da fabricación das 17 sinais (das que se aproveitou o soporte
de tres de elas) , e unha de metacrilato que xa foron colocadas. A
partida destinada á sinalización ascende a un total de 11.980€.
A
finalidade que ten o Plan de Sinalización é a de acadar a
sinalización completa de todo o Termo Municipal de Salceda,
comezando no centro da vila que é o punto onde hai un maior
tránsito de tráfico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario