sábado, 27 de abril de 2013

visita á adega da Corisca


Hoxe estivemos visitando a adega da Corisca de producción de viño ecolóxico de albariño.
Natalia e Jose María, os donos da finca,  fixéronse cargo de instruirnos acerca da producción de viño ecolóxico. Explicándonos os tratamentos e coidados e a transformación da uva en viño que siguen dentro do proceso de transformado e procesado de viño ecolóxico.
Marcos Besada foi o encargado de explicarnos a Historia do Pazo da Corisca.
Unha alternativa que crea un equilibrio medioambiental, coa reaparición de moita da microfauna  que existía no ecosistema.
Xa que na visita puidemos divisar xoaniñas e outra microfauna que se reestructurara no ecosistema.



E por último a degustación de pinchos ecolóxicos da Tabertenda e a cata do viño da Corisca.
Unha forte aperta a todas as persoas que participaron nestas xornadas de achegamento a agricultura ecolóxica (Toñi, Piñeiro, Fundación Galega de Produtos Ecolóxicos, Cris, Natalia e Jose María)

Ningún comentario:

Publicar un comentario