venres, 26 de abril de 2013

O GOBERNO MUNICIPAL SUSPENDE O PLENO EN APOIO ÁS PLATAFORMAS DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS

 HOXE O GOBERNO DE SALCEDA DE CASELAS SUSPENDEU O PLENO EN APOIO AOS ESTAFADOS POLOS PRODUTOS TÓXICOS DE SUBORDINADAS E PREFERENTES

É moi importante non deixar atrás a loita ante a inxustiza que se está a cometer diariamente. Xa son 287.400 as persoas GALEGAS  en paro, e gran parte da nosa poboación está condenada a emigrar dado que na terra non atopa traballo.
Outras persoas son desafiauzadas tendo que abandonar a súa única vivenda, tendo fillos que non teñen a culpa de nacer baixo unha circunstancias e nun momento onde A nosa terra se está volvendo tola.
Lamentablemente, cada día máis dunha persoa está perdendo o seu traballo, valores, o seu fogar, e o mais importante a súa honra.
Hoxe no Pleno os afectados polas subordinadas e preferentes falaron na defensa dos seus dereitos, dos seus aforros, dunha vida de loita e duro traballo, para poder aforrar, e que esos cartos agora non o poden recuperar, só uns cantos os recuperan mediante unha arbitraxe discriminatoria que non aclara as bases nin o procedemento a seguir para a selección das persoas que poden ir á arbitraxe.
Hoxe arropados polo Goberno Municipal de Salceda, e ao gripo de "PP Comprométete" suspendeuse o PLENO coa finalidade de que esta inxustiza se resolva na menor brevidade de tempo, e o máis importante para todos igual.







Ningún comentario:

Publicar un comentario